Entrevista a Don Darío Boullón
Continuando a nosa labor como grupo de investigación independente que intenta mostrar a realidade obxectiva do forestal galego así como a súa potencialidade, seguimos intentando mostrar todos os puntos de vista e todas perspectivas sobre a situación do forestal galego, para este fin, nesta ocasión fixemos unha entrevista a unha persoa relacionada co ámbito privado, tratase de Don Darío Boullón, un traballador da multinacional compostelá FINSA,máis concretamente no departamento forestal. A labor do señor Darío centrase fundamentalmente no monte, polo que resulta moi interesante escoitalo o tratarse dunha persoa que vive a realidade diaria. O seu labor centrase en buscar nos montes galegos os recursos de madeira que necesita súa empresa para seguir funcionando, neste aspecto sobre funcionamento da mesma faranos unha breve explicación no vídeo. A continuación deixámosvos un fragmento da nosa entrevista co señor Darío para que podades ollar a súa opinión o respecto da situación forestal galega.
Finalmente non quero acabar sen agradecer en nome de Arbore Consultora a
disposición e amabilidade do señor Darío.
José R. Sampedro G.