Eugenio Prados: Xestión Forestal PLAFOR, Grupo LOSÁN.
Nesta entrevista podedes ver o enfoque dunha persoa que se dedica a xestión de fincas forestais.
Eugenio leva traballando para PLAFOR máis de tres anos, unha filial do Grupo LOSÁN. Este grupo empresarial comezou coma un taller de pranchas de madeira e agora convertiuse nunha das multinacionais de madeira máis importantes do país e de Galiza. Resulta moi interesante saber porqué as empresas forestais galegas teñen que sair ao extranxeiro para obter materia prima, xa que aqui parece que temos madeira abondo.
O caracter minfundista galego, a crise, a nosa cultura desconfiada, as políticas das administracións e moitos aspectos mais, son os que Eugenio pensa que deberiamos cambiar para ter un boo sector forestal que una conservación, xestión e explotación de forma sustentable. Pero ó mellor é que o veades vós mesmos.
Dende Árbore Consultora queremos darlle moitísimas grazas a Eugenio pola súa colaboración e disposición para axudarnos co noso traballo. Graciñas Eugenio!!
Ignacio García