A certificación forestal estase a converter nun requisito imprescindible pra vende-la madeira nos mercados internacionais. Pero en Galicia tan só hai unhas 170.000 hectáreas certificadas. Este atraso débese, en boa parte, ao minifundio forestal que encarece e dificulta o proceso. A solución pasa pola agrupación de propietarios a través de diferentes modelos asociativos.
No mundo hai varios sistemas de certificación forestal, aínda que os dous principais en número de hectáreas e cadenas de custodia certificadas son FSC e PEFC, os cales teñen un selo que identifica a madeira procedente de xestión sostible, en Galicia o Grupo Galego de Certificación Forestal traballa para incrementar o valor engadido da madeira galega, a continuación presentamos un reportaxe da TVG no que se nos fala sobre esta certificación. Link a reportaxe do Agro da CRTVG
Opinamos:
A certificación forestal pasa posiblemente por ser unha das solucións o problema do prezo da madeira actualmente, este certificado permite pois un incremento no prezo da mesma, aínda así esta ferramenta non deixar de desprender certa desconfianza, pois non discuto que sexa unha solución para o incremento dos prezos actuais da madeira, pero unha solución temporal e política, neste aspecto non quero parecer demasiado critico, pero observando o mapa anterior podemos ver como as certificacións distribúense por unhas areas concretas (fundamentalmente EEUU e Europa), mentres que outras ou non están recoñecidas internacionalmente ou non se consideran baixo a consideración destas certificacións, dito isto, e lexitimo que pensemos nos intereses de certos países por xerar estas certificación, pois sen eles non se vai poder comercializar madeira esto leva a que estes países impulsores reduzan a competencia de madeira exterior polo tanto aumenten a potencialidade dos propios sectores forestais; polo que voltamos un dos principais dilemas da humanidade, vale realmente a pena solucionar os problemas do denominado primeiro mundo en contra posición dun terceiro mundo?
Chegados a este punto non deixa de ser lexitimo que a resposta a cuestión anterior poda ser afirmativa, pero sendo obxectivos temos que pensar que si que de forma inmediata e nas próximas décadas si se vai incrementar o valor da madeira, pero co paso do tempo os intereses de todos países con gran superficie forestal vai pasar intentar ter a maior parte da produción forestal baixo esta certificación ata que chegado un punto o mercado volva a estabilizarse de novo e demanda de madeira volvo a niveis históricos e os prezos volten a situación actual, polo que non deixa de ser pan para hoxe e fame para maña.
José R. Sampedro