Inicio > Últimas novidades > PASO DE PEQUENAS PARCELAS A GRANDES FINCAS FORESTAIS EN MONFERO

PASO DE PEQUENAS PARCELAS A GRANDES FINCAS FORESTAIS EN MONFERO

16/01/2013

Despois de varios meses metidos no mundo forestal démonos conta das consecuencias que se derivan dun territorio tan minifundista coma é Galicia neste sector.

Hoxe os presentamos un exemplo dunha empresa que conseguiu agrupar máis de 900 parcelas, dende 0.03  ata os 132.8 hectareas de superficie da máis grande, nunha soa finca no concello de Monfero, na riveira do embalse de Fenosa. Para chegar a agrupar tantas parcelas o grupo empresarial LOSAN precisou de moitos anos de tempo e moito esforzo para superar todos os obstáculos que se presentaban. Parcelas pequenísimas con máis de 8 donos, outras que o seu dono morreu fai unha década, outras que non se sabe de quen son e otras que mesmo os donos non sabían que eran propietarios, esto só para contacatar con propietarios, imaxinade toda a xestión que leva detrás.

Eu non sei se é boo ou non el que se xunten minifundios para crear grandes latifundios de forma xeral, pero o que sí penso é que esta situación de descontrol non axuda para nada. Galicia está partida en miles de millons de trozos, pero ese non é o problema; o problema é que non sabemos de quen son máis da metade dos trozos, e outro tanto son de xente desvinculada a esa parte de terra ou que quere gañar todo o posible con ela para repartir entre toda unha familia que deixa esa parcela abandoada (lumes). Non todo é así, pero si que predomina moito.

Un inventario, unha reagrupación (concentración parcelaria), unha concienciación ou o que sexa, pero necesitamos cambiar esta situación.

Adxunto unha foto aérea da zona e unha imaxe con o cambio que se deu neste espacio, e estade atentos que en breves colgaremos unha entrevista coa persoa que nos facilitou esta información.

Ignacio García

Comentarios

Comentario de Mateo el
Estou de acordo contigo Nacho. O rural galego é un espazo cunha enorme desorden. De aí temos que sacar partida como futuros xeógrafos para empezar a estructurar Galiza. Desta maneira poderíamos obter un maior produción e un mellor control fiscal xa que hai un coñecemento dos terreos. Moi bo traballo!
Comentario de Kako el
Genial la página! Seguid así!

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos